Showing posts with label ICT. Show all posts
Showing posts with label ICT. Show all posts

Monday, 28 January 2019

TRABALLANDO CON LIVEWORKSHEETS

Dende hai unhas semanas, no noso traballo de inglés integramos un recurso máis que nos serve para reforzar e repasar os contidos vistos en sesións anteriores. Unha vez á semana imos á aula de informática para realizar unha serie de actividades online ofrecidas por liveworksheets.com, unha páxina web na que @ mestr@ pode crear cadernos de traballo para o alumnado e ao cal el@s poden acceder usando un nome de usuario e un contrasinal. Unha vez dentro, @s nen@s poden facer os exercicios seleccionados pola mestra e que, unha vez rematados, o sistema corrixe, xerando unha nota e destacando os erros. 

Esta páxina é realmente atractiva para os nenos e nenas. Espero que vos animedes a acceder dende as vosas casas! 

Déixovos aquí o link:  https://www.liveworksheets.com/


Se tedes algún problema coa vosa conta, non dubidedes en facermo saber. Podedes comunicarmo no colexio ou escribíndome a:

mestra.aida@gmail.com

Take care and enjoy liveworksheets! 

VIDEO: WORKING ON WWW.LIVEWORKSHEETS.COM

Here you have grade 6B class working on www.liveworksheets.com. This is a fantastic website!