Dende hai unhas semanas, no noso traballo de inglés integramos un recurso máis que nos serve para reforzar e repasar os contidos vistos en sesións anteriores. Unha vez á semana imos á aula de informática para realizar unha serie de actividades online ofrecidas por liveworksheets.com, unha páxina web na que @ mestr@ pode crear cadernos de traballo para o alumnado e ao cal el@s poden acceder usando un nome de usuario e un contrasinal. Unha vez dentro, @s nen@s poden facer os exercicios seleccionados pola mestra e que, unha vez rematados, o sistema corrixe, xerando unha nota e destacando os erros.
Esta páxina é realmente atractiva para os nenos e nenas. Espero que vos animedes a acceder dende as vosas casas!
Se tedes algún problema coa vosa conta, non dubidedes en facermo saber. Podedes comunicarmo no colexio ou escribíndome a:
mestra.aida@gmail.com
Take care and enjoy liveworksheets!
No comments:
Post a Comment